A rexión dos Grandes Lagos: a “Gran Guerra” africana (1)

De cando en vez chégannos noticas dalgún dos países desta área nas que se mostran en prime time os límites do lado máis escuro da natureza do home, ou mais ben a falta de límites. Vemos fume nos restos da batalla, homes, mulleres e nenos esnaquizados, outros escapando co que poden a ningures onde se sintan seguros. E homes e non tan homes cargando con, segundo o bando, inconfundibles, fusiles AK-47 soviéticos, M16 estadounidenses ou FN-FAL belgas, tan baratos aló como unha comida no Campus de Elviña, rematan a reportaxe aleatoria que ven a entumece-lossentimentos da familia media occidental un pouco mais.

Esto estanos a dar moitas veces a sensación de que os conflictos en África xurden repentinamente, móstranse ó mundo, e nun par de semanas, acábanse cando a ONU aparece na escea. Esto pasoume persoalmente cando a principios deste 2004 saía á luz a matanza de máis de 200 persoas nun campo de refuxiados en Lira, Uganda. O primeiro que pensas é nas brutalidades que se produciron nos anos 1993 e 1994 principalmente, en Ruanda e Burundi, e pensas que forma parte dun conflicto mal pechado. Pero a realidade é que a vida dunha persoa en África é tan barata como a auga que consumimos cada día. E dende hai mas de 50 anos o goteo é continuo nos principales protagonistas: Ruanda, Uganda, Burundi, República Democrática do Congo (Zaire); veciños como Sudán, Angola e Zimbaue non axudaron moito a pacifica-la zona; e movendo os fíos máis ou menos lonxe, Francia, Gran Bretaña, Estados Unidos, a entonces Unión Soviética, Cuba, Países Baixos… E, aínda que non se chegou a facer unha investigación a fondo, a principios-mediados dos noventa, España. entrando como entrou nestes últimos anos en Sudán, no tráfico internacional de armas.

Como na I Guerra Mundial, varios conflictos locales sen conexión acabaron enlazándose cos anos nun conflicto maior que agora ten como principal escenario a República Democrática do Congo, ocupado parcialmente por tropas de Uganda e Ruanda.De fondo, a explotación do coltán (columbita+tantalita, máis valioso que os diamantes pola importancia nas novas tecnoloxías) do antiguo Zaire, aproveitando a escalada de violencia entre Ruanda e Burundi de principios dos noventa que se extendera a este terceiro país.

Uganda En apariencia, Uganda era un país que progresaba en tempos de “rexuste estructural” no seu entorno, dende a subida ó poder en 1986 do actual presidente Yoweri Museveni. Pero a matanza de 230 persoas no campo de refuxiados de Lira sacou á luz a guerra civil que sufre o país: os opositores a Museveni, de maioría étnica acholi, agrupados no Exército de Resistencia do Señor (ERS), atacan ás poboaciones de etnia lango, que á súa vez vénganse en outras poboaciones acholi que non respaldan o ERS. Esta guerrilla, convertida nunha secta integrista cristiá polo seu lider,Joseph Kony, está respaldada paradóxicamente polo goberno integrista islámico de Sudán, en vinganza polo respaldo do goberno ugandés ás guerrillas do SFLA.

O ERS leva secuestrados uns 15000 menores no que leva operado, 8400 nos últimos dous anos debido á falta de respaldo da poboación, estima Human Rights Watch. Os nenos convértenos non en soldados, senon en máquinas de matar e torturar, e as nenas, en escravas sexuais para os xefes. Decenas de miles de rapaces orfos fuxen ás cidades camiñando kilometros dende as súas aldeas destruídas polos rebeldes, e refúxianse nas igrexas ou nos arredores dos hospitais, o que non lles servirá de moito trala recente orden de Kony de asasinar a tódolos curas que atopen.

Recente tamén o acordo entre os gobernos de Sudán e Uganda para que o exército deste poda entrar nas fronteiras daquel a perseguir o ERS, pero as cousas parecen empeorar dende entón. Esperábase que o exército gubernamental protexería mellor o norte, pero a efectos prácticos, os 800.000 refuxiados concentrados en 53 campos de desprazados seguen a ser atacados. O misionero comboniano José Carlos Rodríguez Soto, mediador entre ambas partes desde la Iniciativa Religiosa Acholi por la Paz, organización que agrupa a católicos, protestantes e musulmáns, e, como pasa nestes casos, amenazados por ámbalas dúas, denuncia nunha entrevista reciente o silencio internacional e a doble linguaxe da ONU: ” Cuando hay recursos naturales de por medio dicen que hay que hacer una injerencia humanitaria, pero cuando no los hay, justifican su inmovilismo diciendo que se trata de un asunto interno”.

Esto sucede de portas adentro. Pero de portas a fóra,ademáis, o goberno ugandés apoiou as guerrillas do Frente Patriótico Ruandés (FPR) que dende o seu territorio intentou conquistar Ruanda no principio dos anos 90, conflicto que de fondo enfrentaba os intereses xeoestratéxicos de Estados Unidos, Gran Bretaña e Bélxica fronte os de Francia. Ademáis, Museveni devolvía o favor pola axuda que o FPR lle dera ó seu Exército Nacional de Resistencia (ENR) na conquista do poder en 1986. O respaldo de Uganda foi tal, que o goberno de Kampala ameazou ó de Kigali coa guerra total se non sentaba a negociar co FPR.

Por outra parte, a reciente intervención no norleste da República Democrática do Congo prodúcese, como xa comentamos, pola febre do coltan.Disque Salim Saleh, o irmán do presidente de Uganda, está no negocio, así como a filla do presidente de Kazajistan, casada co director xeral de Ulba, empresa que extrae coltan e uranio da zona de Butembo.

(continuará)

Referencias: