Por se alguén lle interesa… O consello de seguridade da ONU decidiu este verán reunirse nun prazo de tres meses para decidir si en Sudán estase a cometer un xenocidio ou non. No artigo que ven a continuación cóntase o que pode suceder en tres mese…
Por certo, seguen sin estarse a depurar responsabilidades neste pais pola venta de armas a Sudán nos anos antes a 2004, pese á proibición internacional. De feito, ninguén fala deste asunto, nin políticos, nin periodistas…
Ruanda
“Introducíanlles paos y botelas que rompían; lles cortaban os peitos. Todas esas esceas con mulleres, para min, coa miña cultura, parecíanme o peor que se pode imaxinar. Aínda mortas, vías nos ollos desas mulleres o horror e o sufrimiento, a indignidade que padeceran. Moitas veces mataban ós raparigos delante dos seus pais, lles cortaban as extremidades y os órganos xenitales, e lles deixaban desanguearse.
Logo tamén mataban ós pais. Había xente que pagaba para que lles pegaran un tiro en vez de seren matados con machete. Pagar por como morires…”
Por favor, que ninguen me acuse de amarelismo. Collín este extracto dunha entrevista concedida polo xeneral canadiense Roméo Dallaire, xefe dos cascos azuis da ONU no 1994 en Ruanda, para podervos achegar o que estou a sentir cando escribo este capítulo, que non debe ser a dezmilésima parte do que este testigo directo leva ás costas dende fai dez anos, cando dende Nacións Unidas encargoulle a misión de pacificar o país. Disque foi o maior xenocidio na segunda mitade do siglo XX.
Como moitas das traxedias que estamos a ver nestes tempos, os problemas non xurden de repente, mais ben se van sementando durante anos, en silencio, ata que cando chega o sangue ó río (neste caso, máis ben ó lago, ó Lago Victoria), xa é demasiado tarde. E como na maioría, haberá que facer un gran esforzo durante moito tempo para que as feridas non se reabran.
Antes da chegada dos europeos Ruanda e mais Burundi eran dous reinos no que nos estratos máis altos da sociedade estaban os tutsis (pastores,guerreiros) mentres os hutus adicábanse á agricultura.
Coa chegada dos europeos, mantívose a división social. A primeira potencia en dominar a rexión foi Alemania, na segunda metade do XIX, pero despois da I Guerra Mundial fixéronse cargo os Belgas, e mantiveron o sistema de “administración indirecta” ata a independencia do “territorio de Ruanda-Urundi” a principios dos anos 60.
Nese momento de transición á independencia as diferencias entre hutus e tutsis eran máis económicas que raciais. Ainda que poida que orixinalmente houbera diferencias físicas, séculos de matrimonios mixtos diluíran as razas e máis ben o conflicto que se estaba a xestar era máis por un enfrontamento entre castas. A Igrexa extendeu a educación ós sectores máis desfavorecidos, os hutus, que ó seren conscientes da súa inxusta discriminación, rebeláronse. No 1959 produxéronse os primeiros sucesos graves.
En 1960 nas eleccións comunais (eleccións administrativas) o PARMEHUTU (Parti du Mouvement d’Emancipation Hutu) acadou da orde do 70 % dos votos, acorde coa masa social á que representaba. Máis tarde, prodúxose un golpe de estado que reforzou o poder dos hutus, e en 1961 o goberno belga anulou este executivo, e preparou eleccións democráticas para a constitución da nova asamblea lexislativa. O 1 de xulio de 1962 comenzou a andadura da nova república de Ruanda independente, e o primeiro presidente, foi Gregori Kayibanda, que vendo o que sucedía naquela época na veciña Burundi, decidiu inicar unha política de expulsión dos tutsis das posicións relevantes no país. O seu sucesor, o golpista xeneral Juvenal Habyarimana, tamén hutu, mantivo a misma política entre 1973 e 1993.
Entrementres, os tutsis exiliados uníanse políticamente nos países veciños, especialmente Uganda, e tamén emigraron a Bélxica, Inglaterra e Estados Unidos, establecendo relacións cos poderes alá onde ían. Especial importancia tivo o apoio que deu o FPR (Frente Patriótico Ruandés) ó ENR do que logo se convertiu en presidente de Uganda Yoweri Museveni’s.
O 17 de Outubro de 1990 as tropas do FPR iniciaron a invasión de Ruanda dende Uganda. Ensiguida o goberno recibiu o apoio militar de Francia e Zaire, e rexeitaron a invasión. O 17 de outubro o goberno de Tanzania reuniu os presidentes de Ruanda e Uganda. Este último amenazou coa guerra total se non iniciaban conversacións co FPR. Unha segunda ronda tivo lugar no Zaire, que suavizou un pouco máis as tensións, pero a guerra continuou. Paralelamente, estábanse a producir no interior do país persecucións ós tutsis ruandeses.
En 1991 Ruanda adoptou unha constitución que permitía o multipartidismo, presionada pola comunidade internacional. Este feito levou a gañar as eleccións a Nsengiremye Dimes, do MDR (Movimiento Democrático Republicano), que mostrou intención de diálogo. O 12 de xullo de 1992 iniciáronse as conversas de Arusha (Tanzania), que levarían a un acordo firmado no agosto de 1993. Neste acordo se preveía un goberno de transición no que entrarían os tutsis do FPR, a unión dos exércitos, a axuda á volta dos refuxiados, e a convocatoria de eleccións para o 1995.
Sen embargo, a posta en marcha dos acordos de Arusha foi difícil. A sociedade dividiuse en partidarios do FPR e hutus moderados, por unha beira, e por outra, os extremistas hutus. Destes xurden dous novas guerrillas: interahamwes (os que atacan xuntos) e os impuzamugambis (aqueles que teñen o mesmo obxectivo). Por outra banda, tardaba a chegada da MINUAR (Misión de Nacions Unidas de Asistencia a Ruanda).
O 6 de abril de 1994 produciuse o doble asasinato dos presidentes Habyarimana e Ntaryamira (presidente de Burundi), un misil terra-aire derrubou o avion no que viaxaban xuntos. Aínda hoxe non se esclareceu quen foi o culpable, tutsis e hutus acusábanse mutuamente; dez soldados belgas foron executados acusados do asasinato, o que forzou a inmediata retirada das tropas belgas na zona; fora quen fora, o FPR rompeu explícitamente ós acordos de Arusha e reiniciaron o combate, apoiados polo goberno de Uganda.
En outubro de 1994 a ONU declarou que en Ruanda estábase a producir un xenocidio. Esto podería ter importancia, se non fora porque o xenocidio producirase entre abril e xullo, contra os tutsis e os hutus moderados, por parte do exército do goberno ruandés e as milicias antes mencionadas, o que Romeo Dallaire chama “A Terceira Forza”, extremistas ben entrenados que utilizaban machados importados masivamente a China nos meses anteriores para acabar cos civís. As cifras varían duns documentos a outros, fálase da orde de 800.000-1.000.000 de asasinados e dous/tres millóns de refuxiados nos países veciños. A ONU decretou o embargo de armas en Ruanda, pero estas entraban de contrabando. Ademáis, non tomou unha iniciativa similar contra Uganda, o poder na sombra. As poucas tropas despregadas de cascos azuis non se lles permitiu intervir, porque se non había declaración de xenocidio (e ésta era blocada por Francia, Alemania, Bélxica e Estados Unidos, no campo e no consello de seguridade) a acción sería considerada como inxerencia na política interior do país.
A guerra rematou coa conquista da capital polo FPR o 4 de xullo. Pero non a traxedia, xa que entón comenzou o éxodo da poboación hutu que temía a represalia do novo goberno tutsi. Tamén fuxiron os responsables das matanzas, reagrupáronse no Zaire, e dende aló iniciaron accións contra os tutsis que vivían nese país e organizaron un novo exército que tentou unha nova rebelión en Ruanda entre 1997 e 1998, o que ocasionou decenas de milleiros de mortos nun novo xenocidio, pero esta vez, por parte do FPR.
A febleza, a inoperancia, o sentimento de culpa por non actuar a tempo no xenocidio, ou por respaldaren os xenocidas, e/ou os intereses económicos, fixeron que a comunidade internacional mirara para outro lado nas violacións dos dereitos humans en Ruanda dende entón, e o reciente invasión do exército gubernamental tutsi no Zaire.
Lonxe dos movementos da “política de altura” (máis ben da política de cloacas, diría eu), a sociedade civil ruandesa tenta pechar as profundas feridas que estos conflictos provocaron. As mulleres son o 70% da poboación. Iniciativas da Igrexia Católica reúnen a mulleres que perderon a famila no xenocidio, e mulleres que teñen os seus maridos no cárcere acusados do mesmo; 35 asociacións de mulleres hutus e tutsis aunáronse nun colectivo chamado Twese Hawme (”todas xuntas”), que traballan na construcción de fogares para a volta dos refuxiados e unen a mulleres e nenos orfos sen parentesco. Se estas actividades poden superar o sentimento de odio e o impulso á venganza, o tempo o dirá…
Referencias:
- María Gilabert, Sofía Cadenas “La tragedia de los Grandes Lagos”
- Universitat de Barcelona “Análisis de los Grandes Lagos”
- solidaridad.net “Ruanda: Un general ante 800.000 muertos: Roméo Dallaire” entrevista de Sol Alameda