publicado no Boletín da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC en febreiro de 2005)
O filme “Hotel Rwanda” está na mira de todo o mundo polas súas nominacións ós Oscars da Academia de Hollywood. Si con esto o mundo segue a ignorar o que pasa en África… non hai nada que facer.
Burundi
Coma Ruanda, antes da chegada dos europeos Burundi era un reino independente que mantiña unha estructura social semellante á súa veciña Ruanda. Así, como xa comentaramos pasou a formar parte do territorio de Ruanda-Urundi baixo a administración alemana, primeiro, e despois belga, aínda que disque non afectou da misma maneira a política europea en Ruanda que en Burundi, sendo máis conflictiva o proceso de independencia no primeiro pais. Esto podería ser porque as diferencias entre hutus e tutsis non eran tan marcadas (aínda que a administración belga decidira que o que tivera hasta 10 vacas era hutu e quen tivera máis,tutsi); ademais, o mwami non tiña tanto poder como en Rwanda, sendo un escollido de entre a etnia dos ganwes.
Nos tiempos próximos á independencia de Burundi, había tres grandes grupos políticos: o monárquico Unité et Progres Nacional (UPRONA), moi tradicionalista e fortemente independentista; os Parti Démocrate Rural (PDR) y Parti Démocrate Chrétien (PDC), máis moderados, reformistas e de tintes máis democráticos; e a coalición Union de Partis Populaires (UPP), tamén moderados e preocupados polas clases sociais máis baixas. Esta variedade de partidos, e a casi absoluta coincidencia neles da formación dunha monarquía parlamentaria, fixo que non houbese problemas para a formación do goberno provisional e nas eleccións do 18 de setembro de 1961.
O 13 de outubro esta tranquilidade veuse rachada polo asasinato do primeiro ministro, o príncipe Louis Rwagasore. Foi un momento crítico que superouse tra-la elección de André Muhirwa, do UPRONA, e no 1 de Xulio de 1962, Burundi convertiuse en estado independiente.
En sucesivos anos sucedéronse golpes de estado que puxeron no poder gobernos militares, agás en 1966 no que cambiou o poder por a guerra civil do ano anterior, e subiu ó trono un rey tutsi que pronto sería relevado por un novo militar, tamén da etnia tutsi, que matou a oficiais e intelectuais hutus. O governo do terror prolongouse ata principios dos 70, e estímase o asasinato dunhas 200.000 persoas, maioritariamente hutus.
En 1976 un novo tutsi toma o poder pola forza, o xeneral Jean-Baptiste Bagaza, que intenta impulsar reformas contra os factores que dividían o país por aquel entón: as diferencias étnicas, socio-económicas e os rexionalismos. Esta etapa foi freada polo golpe de estado de Pierre Buyoya en 1987. Nos seguintes 12 meses, ata 50.000 hutus foron asasinados e outros tantos refuxiáronse en Ruanda.
A pesares de esto, no principio dos 90 Buyoya impulsou unhas reformas destinadas a facer entrar máis na vida política ós hutus, pero sen deixarlles ter a represantitividade que por número terían. En 1991 vótase favorablemente ó Capítulo de Unidade Nacional, que pretendía mellorar a convivencia de hutus e tutsis, aínda que no norte aumenta a actividade dos radicais do PALIPEHUTU, que tiña bases en Ruanda e Tanzania.
Un novo paso máis cara a democracia foron a ley de liberdade de prensa, unha nova constitución, e a legalización do FRODEBU (Fronte para a Democracia en Burundi). No xuño de 1993 gana as eleccións este partido, afundíndose o UPRONA dos tutsis, é nomeado presidente o hutu Melchoir Ndadaye, que para manter o clima de entendemento elixe a unha muller tutsi como vicepresidenta. Os tutsis non se dan por vencidos, e no mes seguinte hai un primeiro intento de golpe de estado; Ndadaye morre en outubro por unha nova revolta que provoca uns 150.000 mortos e ó redor de un millón de refuxiados nos países colindantes.
No xuño de 1994 a Igrexa consigue xuntar ó FRODEBU e ó UPRONA, e destas conversas acórdase un hutu, Cyprien Ntaryamira, como presidente, e varios tutsis no goberno, á vez que no goberno seguían dominando os tutsis pero forzouse a entrada dos hutus, o que aumentou a inestabilidade no país. O goberno pediu entón axuda internacional en forma de tropas de estabilización. Pero as tropas non chegaron cando Ntaryamira morre no mismo avión que o presidente de Ruanda, o tamén hutu Habyarimana. Entón comenzou o xenocidio que narrabamos no capítulo anterior, en Ruanda, e unha guerra civil con xenocidio “gota a gota” que aínda hoxe non está claro que esté pechado del todo. As estimacións son de 1000 mortos ó mes en 10 anos de guerra aberta. Máis de 600.000 refuxiados que fuxen a outros países, refuxiados que volven por outros conflictos e volven para morrer asasinados. Traficantes de armas que fan negocio: Francia, Belxica, Alemania, USA e China.
O sustituto de Ntaryamira, e o hutu Sylvestre Ntibantunganya, que acaba perdendo o poder nun novo golpe de estado por parte dun vello coñecido: o maior Pierre Buyoya. Dende entón, a dinámica é a dun goberno tutsi intentando frear a oposición da guerrilla hutu; os movementos de grandes masas de refuxiados atravesando fronteiras nun senso e outro sucédense.
Despois de importantes escaladas bélicas a finais dos 90, en 2001 faise un novo intento de tratado de paz en Tanzania, no que se acordaba integrar os rebeldes hutus no exército gubernamental. A principios de xaneiro de 2003 o acordo se rompe, pero a elección do presidente Domitien Ndayizeye facilita novos contactos, e finalmente, soldados das Forces pour la défense de la democratie (FDD) son incorporados ó novo exército. Tras pasos dubitativos, o outro gran grupo rebelde, as Forces nationales de liberation (FNL) terminan por declarar o fin das hostilidades.
O futuro do país está agora no efecto das eleccións lexislativas que tiveron lugar no outubro do 2004. Aparentemente, o país empeza a revivir.
Referencias:
- International Crisis Group
- Global Security: Burundi
- María Gilabert, Sofía Cadenas “La tragedia de los Grandes Lagos”
- Universitat de Barcelona “Análisis de los Grandes Lagos”
- solidaridad.net “Hambre, ignorancia, enfermedad y las gueras del Sur”