É curioso como se está a falar da fenda (que non fisura) dixital entre os países do Terceiro Mundo e o noso, cando é o Terceiro Mundo o que está a proporciona-los elementos básicos para a nosa tecnoloxía. As nosas computadoras, os teléfonos móbiles e demáis instrumentos que levan a comunicación á velocidade da luz, precisan de minerais que se pagan a precio de sangue africano.
República Democrática do Congo (Zaire)
Hai unha frase de “Platoon”, a oscarizada película de Oliver Stone, que define moi ben o que está a suceder na República Democrática do Congo:”O inferno é a ausencia da razón”.
O territorio da actual RDC divídese en dous grandes áreas diferenciadas morfolóxicamente que marcaban en tempos unha diferenciación sociopolítica: o norte, de bosques chuviosos, e o sur, de sabana típica africana. Por razóns obvias, o norte formábano clanes de moitas etnias moi fragmentados, mentres no sur as organizacións eran máis grandes, gobernados por líderes de presunta orixe divina. Cando os primeiros portugueses chegaron á desembocadura do río Congo, no 1483, estableceron acordos de colaboración co rei do Congo que iniciaron un floreciente comercio de escravos que definiu máis as fronteiras do reino. Máis tarde chegaron alemáns, franceses, ingleses e árabes. Despois de dous séculos de desestabilización pola competencia neste comercio, o reino quedou partido en 6 provincias. O tráfico humano seguíu dominado ate o século XIX por europeos e, por riba deles, polos árabes, especialmente cando sucesivamente foise abolindo a escravitude naqueles e en EEUU ó finalizaren a súa Guerra Civil.
Chegado este punto na historia, o territorio estaba tan debilitado que cando chegaron os belgas non tiveron oposición a dominar Ruanda, Burundi e o Congo. Durante a administración belga produxíronse movimientos migratorios que se concentraban no leste da actual RDC (Shaba, Maniema e Kivu do sur), xa que precisaban man de obra para traballar nos importantes recursos mineiros. Así, hutus e tutsis procedentes de Ruanda establecéronse principalmente na rexión do Kivu.
En 1960 Bélxica abandoa o Congo. Joseph Kasavubu é nomeado presidente e Patrice Lumumba primeiro ministro.
Tras acada-la independencia, en 1965 un ex-oficial do exército belga, Joseph Desiré Mobutu, coñecido despois como Mobutu Sese Seko, subiu ó goberno do entón Zaire, apoiado polo que se converte no único partido legal, o Movemento Popular de Revolución (MPR). O seu sanguinento goberno durou hasta 1997. Durante a maior parte da súa dictadura, Mobutu recibiu respaldo de EEUU, Francia e Bélxica, e usábano como elemento estabilizador da zona fronte as guerrillas angoleñas comunistas de UNITA que tiñan as bases no sur do pais. Mobutu cooperou tamén co rei Hassan II de Marrocos na loita contra o Frente Polisario, e, curiosamente, tamén apoiou ó goberno do Aparthaid Sudafricano. Internamente, as potencias extranxeiras estaban interesadas en afogar os movimentos independentistas na provincia de Shaba (Katanga), habitada polos lundes, con importantes minas de cobre e cobalto; e no Kasai oriental, de etnia lubes, coñecido como “a Xoia do Zaire” polas minas de diamantes.
En 1990 unha violenta represión contra protestas estudiantiles na universidade de Lubumbashi tivo condena por parte da Unión Europea, polo que Bélxica deixou de respaldar o dictador. Comenzou un proceso de transición política no que o representante dos sectores democráticos, Etiene Tshisekedi, líder da Unión Sagrada, foi nomeado primeiro ministro polas presións da UE e EEUU. Poco durou no goberno, en 1993 pasaron polo mesmo cargo ata dez persoas máis; o Banco Mundial e o FMI fixeron presión cortando as axudas.
Nese mesmo 1993 estoupou unha mina que levaba enterrada dende os tempos do colonialismo belga: os bañaruandeses (hutus e tutsis procedentes de Ruanda) que traballaban nas minas do Kivu Norte e convivían coas etnias locales (hundes, nandes, tembos y ñangues), enfrentáronse a estas na loita por acadar un status legal definitivo. As consecuencias: decenas de miles de mortos.
No Kivu Sur poduxéronse movementos paralelos no norte cos bañamulengues (tutsis de orixe ruandés) que sí recibiron a nacionalidade zaireña en 1981 pero empezaron a ser expulsados a principios dos 90 baixo amenaza de exterminio, ata que en 1996 levantáronse definitivamente contra o goberno do enfermo Mobutu, que estabase a curar en Europa. O país sufrira unha olada de refuxiados provocada polos xenocidios de Ruanda e Burundi, o colapso económico acompañaba ó caos insitucional.
Nesta guerra de 1996 uniu en coalición a bañamulengues, bañaruandeses,lubes de Kasai, rebeldes de Shaba, o Partido Nacional de Liberación (afín ó Frente Patriótico Ruandés) e o marxista Partido Revolucionario do Pobo, fundado nos anos 60 por Laurent-Desiré Kabila, e apoiado militarmente por Cuba e por Ernesto Che Guevara, que pretendía facer do Congo a punta de lanza da súa revolución por toda África. Fronte a esta alianza, ó exército do Zaire uníronse hutus fuxidos de Ruanda, tanto do exército como das milicas interahamwe(moitos dos cales estaban acusados de xenocidio), os hutus burundeños do Consello Nacional para a Defensa da Democracia, e as milicias autóctonas maimais e bangirimes. No novembro de 1996, por causa dos combates en Goma, Francia, Bélxica, España e varios países africanos demandaron unha intervención humanitaria para protexer e asistir os refuxiados, intervención que tivo a oposición de EEUU, Gran Bretaña e Rusia.Finalmente, a Alianza permitiu entrar a UNICEF, Médicos sin Fronteras, Save the Children, Concern, Troitaire, e Medical Emergency Relief International nos campos de refuxiados. Pero rápidamente a situación empeorou cando a Alianza atacou ás milicas hutus que se escondían nos campos de refuxiados, o que provocou o éxodo cara Ruanda. O Consello de Seguridade da ONU por fin autoriza unha forza de intervención para protexer ós refuxiados en Zaire e crear corredores humanitarios no camiño a Ruanda. Durante os días 16 e 17 de novembro atravesaron a fronteira uns 15.000 refuxiados por hora, mentres que en occidente se discutía como se faría a intervención.
A pesares da oposición do goberno do Zaire, no primeiro de decembro prodúcese o primeiro movemento significativo de occidente: dende o aire tírase axuda para os refuxiados. Nos días seguintes a Alianza é acusada de matanzas nos campos de refuxiados; mentres, o exército de Uganda entra en Zaire, coa excusa de que recibiran un ataque dende este pais. Nos meses seguintes Mobutu vai e volve de Francia, mentres, entran en combate forzas de Ruanda, Burundi e mercenarios belgas e franceses.
En febreiro de 1997 Nacións Unidas presenta un primeiro plano de paz, que foi aceptado por Burundi pero rexeitado por Ruanda e Zaire. Nelson Mandela e militares estadounidenses, cadaquen polo seu lado, manteñen diversos contactos cos bandos. O 22 a Alianza toma o campo de Kalima e 25.000 refuxiados fuxen; días despois pasa o mesmo co campo de Tingi Tingi. Hai acusación de matanzas destes refuxiados executadas polas forzas de Kabila. En marzo entran en escena tropas angoleñas apoiando a Mobutu. En abril, segundo as tropas da AFDL se achegan a Kinsasha, aumentan os contactos ata que Kabila e Mobutu vense cara a cara. Kabila, ademáis, comenza a facer tratos coa importantísima American Mine Fields, que operaba xa no Zaire en tempos de Mobutu. Este último fuxe do país cando despois dunha pequena tregua as tropas rebeldes entran na capital. O 19 de maio Kabila proclama a República Democrática do Congo, a comunidade internacional inmediatamente recoñece a refundación do estado e, dende EEUU se consigue que paren as matanzas de partidarios do anterior dictador.
Kabila convertiuse nun novo Mobutu. Pese ás iniciais intencións de democratización do país, ilegaliza tódolos partidos menos o seu e comenza unha represión contra os opositores. Nun determinado momento, decide que os ruandeses que o axudaran para chegar ata Kinsasha son perigosos e os expulsa ó seu país, o que supón o inicio dunha nova guerra, na que Ruanda e Uganda apoian tropas no territorio congoleño mentres o novo dictador recibe axudas de Angola, Zimbaue e Namibia. En 1999 hai un intento de acordo de paz en Lusaka, pero non dura moito. A ONU trata de enviar unha misión de paz, a MONUC, pero tardou ata mediados de 2003, despois dos acordos de paz de Sudáfrica do ano anterior, en ter unha certa efectividade na protección da poboación civil. Neste tempo, en xaneiro do 2001 Kabila morre asasinado e o seu fillo, Joseph Kabila, toma o poder na RDC. Nesta etapa o número de mortos achégase ós 4,000.000 de mortos.
Dende 2003 comenzou un proceso de desarme das guerrillas por parte da MONUC e inicio dun proceso democratizador no Congo. Pero as máis recentes noticias non son boas: tropas do exército ruandés están de novo en territorio congoleño, apoiando á Reagrupación Congoleña para a Democracia, o que pode botar por terra todo o traballo pacificador dos últimos meses.
En toda esta historia, hai un elemento silenciado e olvidado: a poboación civil. As atrocidades que se cometeron e estanse a cometer por parte de tódolos bandos en conflicto, van alén das tácticas militares: atácase á forma de vida, ó tecido social do enimigo. Un recente informe de Amnistía Internacional que referencio ó final do artículo conta como os ataques á liberdade sexual úsanse polos contendientes para avasallar, dominar e destruir as poboaciones que controlan. Neste informe se incluen testimonios de violacións, individuais ou en grupos, de mutilacións, de escravitude sexual, sen distinción de sexo (mulleres e homes) ou idade (dende menos de 7 anos ata maiores de 70). En moitas ocasións, as víctimas sufren varios ataques de bandos diferentes. Estas accións se promocionan sistemáticamente dende os líderes, e son potenciados por supersticións como que ter relacións con mulleres virxes ou con ancianas inmuniza contra a SIDA. Si o sexo para nos é amor e vida, o que está a pasar no Congo é o auténtico inferno na terra.
As consecuencias para as víctimas non rematan cos ataques en si mesmos, e os atacantes o saben. Ás víctimas quédalles a actitude do resto do seu propio pobo: mulleres rexeitadas polas súas familias, polos seus maridos, nenos rexeitados e abandoados polos pais. Empobrecemento, máis si cabe, nunha sociedade que nos tempos da represión mobutista xa era pobre en contraste coa riqueza dunha élite que manexaba os negocios mineiros do país. O informe de Amnistía Internacional (si alguén ten estómago para leelo que o faga) fai especial incidencia na falta de medios para afrontar os problemas de saúde tanto física como sicolóxica derivados.
Ben, e toda esta barbarie, ¿a que se debe? A estas alturas a ninguén se lle escapa que os temas raciais, políticos, o tráfico de armas, son só factores secundarios na Gran Guerra Africana. Si miramos un mapa físico do territorio, descubriremos que no Congo está o 40-50% dos recursos hídricos de todo o continente. Si miramos un mapa xeolóxico, os elementos son aínda máis importantes: oro, diamantes, petróleo, gas natural, casiterita, uranio, cobre, cobalto, germanio, thorio… e o descoñecido coltán, que forma parte da circuitería de calqueira instrumento dixital, coa importancia que eso ten. Os conflictos en Ruanda, Uganda e Burundi non son máis que movementos das grandes potencias para facerse co control destes recursos mineiros da RDC. Así, o Servicio de Información para a Paz Internacional, nunha investigación en 2003 descubriu que: -Amigos de Paul Kagame, presidente de Ruanda, e membros do Exército Patriótico Ruandés, constituíron sociedades mixtas con empresas europeas interesadas no coltán. O exército ruandés entrega en Kigali o mineral que é tratado pola Somirwa (Sociedade Mineira Ruandesa) para posteriormente ser exportado a través da Somigl (Sociedade Mineira dos Grandes Lagos), constituída por Africom (belga), Comeco (ruandesa) y Cogecom (surafricana), que entrega unha parte a Reagrupación Congoleña para a Democracia. Somigl está dirixida por unha importante contrabandista de armas, Azazi Gulamani Kulsum, relacionada co burundés Léonard Nyangoma. -No sector ugandés operan empresas da antigua Unión Soviética, destacando a mineira Ulba, relacionada con importantes políticos de Kazajistán e Uganda -O grupo alemán Masingiro GMBH trouxo a Europa coltán procedente do Congo en 2001 para a planta de tratamiento de tántalo de H.C.Starck, filial de Bayer. -O suizo Chris Huber, dono de Finmining e Raremet compra coltán a Rwanda Metals e o traslada e o trata coa axuda de Ulba -Eagle Wings Resources é unha empresa de riesgo compartido con intereses nos Grandes Lagos, na que se asocian Trinitech (estadounidense) e Chemi Pharmacie Holland (holandesa); o representante desta empresa en Ruanda é o cuñado de Paul Kagame.
Referencias:
- “Aproximación histórica RD del Congo”, Observatorio por la paz, Universidad de Barcelona
- “Conflicts in Africa: The Democratic Republic of Congo”, por Anup Shah
- “La tragedia de los grandes lagos”, por M. Gilabert y S. Cadenas, CIP h
- “Ituri, alta tensión”, Revista Mundo Negro nº495
- “RD de Congo:¿Una nueva guerra?”, Revista Mundo Negro nº495
- “Negra financiación de las guerras.Diamantes de sangre”, por Helena Fernández, diario El Mundo
- “Diamantes que alimentan la guerra”, informa BBC
- “El coltán y la guerra del Congo”, informa Comité de solidaridad con el Africa Negra
- “R.D. Congo:la guerra por el control de África” Federación de Comites con África Negra
- Informe de Amnistía Internacional AFR 62/018/2004 del 26 de octubre de 2004
- “25 de Mayo- Día de África:Enfrentamiento de intereses entre EEUU y Francia por el control de África”, por Donato Ndongo,Revista Mundo Negro junio-2003
- “Las guerras por recursos en África: una herencia del colonialismo”, por Solidaridad.net y Oil Watch
- “África: Guerras olvidadas”, por Bartolomé Burgos, Revista Autogestión