Sudán: 20 anos de guerra non abondan

Sudán acadou a independencia do Reino Unido en 1956, pero dende entón os conflictos internos castigan o pais. O máis grave, o iniciado polo Exército de Liberación del Pueblo de Sudán (SPLA) en 1983 contra o goberno do país. De fondo, o intento dende Jartum de instaurar un réxime de corte islámico, e como non, o control das explotacións petrolíferas. Ó redor de dous millóns de mortos dende entón ata a trégola que iniciaron no 2002 para a negociación dunha paz máis duradeira. Comenta recentemente o pai Fernando González, misioneiro comboniano: “A miña chegada sorprendeume o feito de ver no mercado de Leer ós soldados dos rebeldes do SPLA e os do Goberno de Sudán convivindo xuntos no mercado: xogando ó domino, tomando té, ou simplemente falando” (Revista Mundo Negro, nº482, Febrero de 2004)

Desgraciadamente, mentres no sur a xente volve a cultivar os campos, a vender nos mercados, e os desplazados regresan ás aldeas das que fuxiron, ou crean novos asentamentos, na rexión de Darfur, no oeste do país estoupou un conflicto con tintes étnicos. Tribus Fur, Sagawa e Masseleit (negro-africanos) agrupados no Exército de Liberación de Sudán (SLA) e no Movemento pola Xustiza e a Igualdade (JEM) enfréntanse a milicias coñecidas como janjawid (homes armados a cabalo, arabe-africanos), apoiadas extraoficialmente polo exército gubernamental.

Na confusión do que en principio parecían loitas entre grupos de autodefensa e bandas de salteadores, se fala tamén dun levantamento contra o goberno de Jartum pola discriminación que sufriu o sector negro-africano de Darfur, a rexión máis pobre do país, no reparto das posibles axudas internacionais para a paz.

Coma en otros escenarios de odio racial, os métodos que están a empregar os janjawid son os que xa utilizara o goberno no conflicto do sur: ataques contra a poboación civil con bombardeos, execucións sumarísimas, secuestros, violacións… limpeza étnica pura e dura.

Datos da Cruz Vermella falan de un millón de desplazados e cen mil refuxiados fuxidos ó Chad. A ONU estima que xa se superaron os tres mil mortos, e o 75% dos poboados foron literalmente masacrados.

A Cruz Vermella española, ACNUR e Médicos sen Fronteiras traballan no entorno da fronteira co Chad, con dificultades que irán en aumento: os refuxiados sufren ataques dos janjawid cando se concentran na recepción de axuda humanitaria, polo que moitos non se atreven a achegarse; en xuño comenza a época de choivas polo que moitas bolsas de refuxiados quedarán illadas; e a longo prazo, a fame fará un efecto devastador xa que as zonas máis vizosas de Sudán son precisamente as que están en guerra, como explica Aitor Zabalgogeazkoa, coordinador de emerxencias de MSF en España: begin “Existe unha violencia xeralizada contra a poboación civil, desplazamentos masivos e posibilidade de fame intensa, nunha zona que era considerada unha especie de celeiro do pais. O norte é árido pero o oeste e o sur son zonas de pastoradoiros” (Revista La Clave, nº 155, 2-8 abril 2004).